• Segue conectado
  • |

Aí vén o maio…

En segundo lugar, espéranos un maio no que imos ser moedas de cambio, do enfrontamento ”a morte política”, dos que se ofrecen coma os nosos salvadores. Ofrécennos saír de “guatemala” para entrar en guatepeor; e para máis inri agora aparecen no horizonte “Voxes” que dan medo.

Queren mandar de volta a ducias de miles de migrantes que chegaron ás nosas costas fuxindo da miseria e das guerras dos seus pobos; que saberán estes “políticos salvaxes” o que é a fame, o medo, a miseria supina…Ata onte, coma quen di, chuparon dos ubres das institucións, e de que maneira!! Agora din que hai que eliminalas; será para crear uns máis potentes e con máis leite para que sexan repartidos entre menos, digo eu.

O máis miserable desta situación non é que resuciten os vellos fantasmas que pensabamos quedaran atrás;agora que aínda non fomos quen de dar cristiá supultura aos que vítimas destas “piadosas ideas” aínda permanecen nas gabias deste País que Deus confunda; o máis miserable, digo, é que aqueles que viven “de puta maqdre” (disculpen a expresión) se sintan representados por estes energúmenos; estes novos nazis que alimentados nos ubres do sistema actual se atreven a poñelo na picota. Isto si que é miserable.

Temos que voltar ao poeta:”españolito que viens al mundo, una de las dos Españas ha de helarte el corazón”.

Será verdade que isto está ocorrendo? Quero pensar que non é máis que un mal soño do que imos espertar con ilusión reforzada e mirando con ollos limpos o futuro.
Que sexan felices neste no ano de 2019.

[...]

Páxina anterior


Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»
Publicado o 9 Xan 2019.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies