ACIP exixe a dimisión inmediata do concelleiro de Persoal de Ponteareas

Polas ilegalidades cometidas na convocatoria e aprobación das bases das listas de sustitucións

Ponteareas/ACIP | O grupo municipal de ACiP, a través do seu portavoz Juan Carlos Gonzalez Carrera, denuncia a gravidade dos feitos acaecidos na aprobación das bases para as listas de substitución laborais de certas prazas para este Concello.

Este grupo denunciou no mes de novembro as irregularidades e o incumprimento de algo tan básico como son os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade nas bases que o Goberno Municipal aprobou na Xunta do pasado dia 26 de setembro.

 

ACIP exixe a dimisión inmediata do concelleiro de Persoal de Ponteareas

É curioso que na propia Xunta de Goberno se presentasen a aprobación unhas bases sen ningún tipo de informe da Secretaria municipal nin do asesor xurídico saltándose a lei ao seu antollo.

Trala denuncia do Grupo Municipal de ACIP o Goberno Municipal paralizou o proceso, estando a dia de hoxe todos os cidadáns que querían acceder a ditas listas sen unha resposta a súa solicitude e creando unha indefensión aos veciños que non puideron presentarse polos 6 meses de experiencia que esixian.

Entre as prazas incluídas en ditas bases e que incumpren o dereito constitucional, atopase a de Peón grumir, camareira – limpadora e axudante de cociña.

En ditas prazas, a parte da titulación requirida (que é correcto) tamén se pide un mínimo de seis meses de experiencia o que incumpre a lei cando é un requisito que o goberno cataloga como imprescindible, incumprindo o principio de igualdade para presentarse a praza.

A Secretaria municipal emitiu un informe o pasado dia 13 de Xaneiro de 2017, solicitado polo noso grupo Municipal, ao que o Alcalde intentou non darnos aceso e ocultándoo ata esta semana, que resulta demoledor nas súas conclusións. Entre outras ilegalidades di que non se poden computar como méritos para aceder a ditas listas o desemprego, obrigando ao goberno local a convocar un novo prazo de presentación de solicitudes.

Tamén incumpre os requisitos para nomeamento dos tribunais dando cabida a que os compoñan persoas que a propia lei indica que non poderán formar parte en ningún caso.

O informe recoñece que as bases aprobadas incumpren a normativa vixente debendo subsanarse os erros.

Desde ACiP esiximos ao Concelleiro de persoal deste Goberno Municipal, pertencente ao grupo do BNG, que DIMITA por terse burlado cos posibles postos de traballo dos nosos veciños. Non se pode xogar co pan dos cidadáns e quedar tan tranquilo.

Se non presenta a súa dimisión inmediata, pedímoslle o Alcalde que teña coherencia e o cese das súas responsabilidades de goberno e que convoque con urxencia unhas novas bases “LEGAIS” para que os cidadáns poidan optar a un posto de traballo.

No pasado eran sempre os primeiros en falar de transparencia , igualdade, mérito e capacidade en cada proceso convocado, chegando incluso a denuncialo xuridicamente. Por que agora para eles vale?