ACIP denuncia o estado de abandono e falta de conservación dos aparcadoiros públicos

Ponteareas/ACIP | Para o Portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, é lamentable a situación que se está vivindo Ponteareas, so dando unha volta polos aparcamentos públicos que ten o Concello se poderá comprobar o estado de abandono con socabons intransitables sendo un perigo para os propios peóns e vehículos chegando a supoñer avarías o que deriva nunha reclamación económica contra o Concello en definitiva para o peto dos veciños.

Esta claro que dito abandono ten coma responsables a Concelleira de Vías y Obras, Chus Garrote que a súa inoperancia fai que ditos aparcadoiros sexan intransitables.

Para ACiP esta situación non ten xustificación ditos aparcadoiros están en situación de abandono ante a falta de mantemento.

Cabe recordar que o Concello ten distintos aparcadoiros públicos impulsados e construídos por gobernos anteriores. Este goberno nin os mantén en condicións, sirva coma exemplo a Rúa Castelao, Sarmiento ,Paseo matutino, Praza Maior e outros que abarcan mais de 500 prazas de vehículos.

ACiP pregúntase si a colaboración do Concello co Comercio de Ponteareas é esta, coñecendo a situación complicada que están a pasar. Sendo, ademáis, o único tecido industrial deste Concello.
Señores do goberno: póñanse a traballar. Non só palabras e fotos cos comerciantes senón que o que vale é patear a rúa e dar solucións tendo os aparcadoiros en perfecto estado.

Damos unha imaxe aos visitantes de abandono. Señores Concelleiros responsables das areas non se enteran das necesidades que ten Ponteareas.

Preguntámonos si está así o casco urbán como estarán as Parroquias? O Grupo Municipal ACiP esiximos ao Alcalde que poña orden e actúe ante a incompetencia e falta de xestión da Concelleira Chus Garrote. Os Ponteareáns non temos que pagar a súa incompetencia.

Para a ACIP e lamentable que se estea prexudicando gravemente ao noso comercio e aos nos veciños.