• Segue conectado
  • |

Aberto o prazo de solicitudes para os Campamentos da Xunta 2019 – Campaña de verán

A Guarda | A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019, ofértanse 9834 prazas para mozas e mozos de 9 aos 30 anos en campamentos, campos de voluntariado, programas de intercambio con outras comunidades e actividades concertadas.

Poderán participar as mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade, e ademais este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos. Así mesmo, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.
Esta nova campaña de verán incorpora tres campamentos: Aldea Perdida na Granxa Zoo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes; outro sobre astronomía no albergue de San Xoán de Río, en Ourense; e un novo campamento tecnolóxico nas instalacións xuvenís de Gandarío titulado Adestrando o meu robot.

Accións de voluntariado
Tamén se incrementa o número de campos de voluntariado, os que se coñecían ata este ano como campos de traballo, ata os 30 e con cinco propostas novas: A terra que habita no mar, no concello do Grove; outro de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado Riós, una mar de castiñeiros; e por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal que leva por nome Vía Xacobea: vía da prata e que se celebrará en Boqueixón e Vedra.

Requisitos:
-Os/as nacidos/as no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
-Os/as nacidos/as no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
A adxudicación das prazas será por sorteo.
As familias monoparentais con certificado terán un desconto do 50%
Os familias que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de maio , máis información na OMIX da Guarda ou na web de xuventude da Xunta.

Publicado o 23 Abr 2019 en A Guarda, Portada, Xuventude.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies