• Segue conectado
  • |

Abel Caballero reclama á Xunta de Galicia que faga o transvase do Verdugo por vía de urxencia

É unha obra "necesaria e imprescindible" que está axustada á lei. "O problema da auga en Vigo chámase abastecemento en alta para que chegue á potabilizadora", asegurou o rexedor.

Abel Caballero

Vigo | O alcalde de Vigo reclamou este luns á Xunta de Galicia que aprobe o transvase do río Verdugo por trámite de urxencia por tratarse dunha obra “imprescindible” para asegurar o abastecemento de auga a Vigo e toda a súa comarca.

“Estamos ante unha obra necesaria e imprescindible, axustada á lei”, insistiu Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. O alcalde explicou que existía un acordo entre Concello e Xunta de Galicia no que a administración local asumía o 80 por cento do custe dos traballos e preguntouse cales foros os motivos polos que cambiou de decisión e decidiu que se faga pola vía ordinaria, de forma que tardará varios meses máis en levarse a cabo.

“O problema da auga en Vigo chámase abastecemento en alta para que chegue á potabilizadora e desde alí a toda a cidade e aos municipios da comarca”, explicou o rexedor vigués. O alcalde engadiu que a situación de seca en Vigo e en toda Galicia pode repetirse debido a un época sen choiva, polo que urxe tomar medidas. “A Xunta sabe que a presa de Eiras solo é suficiente para abastecer Vigo, pero non a outros dez municipios, explicou.

O goberno local levará ao Pleno Municipal do vindeiro mércores, 31 de xaneiro, unha moción na que instará á Xunta de Galicia a aprobar o transvase do río Verdugo por trámite de urxencia e pedirá explicacións polo seu cambio de decisión ao considerar agora que o obra non debe facerse pola vía da emerxencia.

Publicado o 29 Xan 2018 en Infraestructuras, Política, Vigo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies