• Segue conectado
  • |

A Xunta do Partido Popular vota en contra de incluir nos Orzamentos do 2019 proxectos importantes para Salceda”

Marcos Besada, alcalde de Salceda, “lamenta” o silencio do Partido Popular de Salceda, “incapaz de antepoñer ás necesidades da veciñanza aos intereses de partido”

Salceda de Caselas | O Goberno local de Salceda de Caselas expresou hoxe a súa indignación polo feito de que, os Orzamentos 2019 da Xunta de Galicia, “deixen fora proxectos importantes para o conxunto da cidadanía”. Ningunha das emendas presentadas polo grupo parlamentar de En Marea a petición de Movemento Salceda, foron tidas en conta para ser incluídas nas contas autonómicas para o vindeiro ano, o que deixará fora a realización de proxectos “de calado para o desenvolvemento do municipio e para a mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas”, sinalou o alcalde, Marcos Besada.

Nas emendas presentadas por En Marea a petición Movemento Salceda de cara a ser recollidas nos Orzamentos da Xunta, incluíanse actuacións a realizar por Augas de Galicia, Consellería de Infraestruturas e o Consorcio Galego de Benestar.

Así, no que a Augas de Galicia atinxe, solicitábase a inclusión dos saneamentos de Entenza e Soutelo (2.110.384,67 €), Barroqueira-Carballal (89.394 €), Fraga (21.599 €), Coto- Picón (12.959 €), Coto-O Río (17.279 €) e Revolta (35.683 €).

No que fai referencia ás actuacións da Consellería de Infraestruturas, incluíase a urbanización do enlace da Gándara entre a PO-512 e Avenida de Galicia e a remodelación do enlace da PO-510 coa PO-411 na Laboela, que suporían un investimento de 500.000 euros en cada unha delas.

Finalmente, solicitábase ao Consorcio Galego de Benestar a escola infantil de catro unidades na rúa Mártires de Sobredo (690.252,41 €).

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, lamentaba “o silencio do Partido Popular de Salceda que é incapaz de antepoñer os intereses comúns dos veciños e veciñas de Salceda aos seus propios interese partidistas”.

Publicado o 26 Dec 2018 en Axenda, Infraestructuras, Política, Portada, Salceda, Urbanismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies