• Segue conectado
  • |

A tempada de curros en Oia comeza este domingo na Valga

Oia | A tempada de rapas das bestas en Oia comeza esta fin de semana co tradicional curro da Valga, que terá lugar este domingo día 12 de maio desde primeira hora da mañá.

A partir das 9.00 horas os gandeiros comezarán a xuntar as bestas e estímase que a chegada dos cabalos ao recinto da Valga (parroquia de Loureza) producirase sobre as 13.00 horas. Xa pola tarde, arredor das 17.00 horas, terán lugar as actividades de rapa, desparasitado e marcado dos animais.

En canto ao número de cabalos previstos neste curro, estímase que nos montes viven actualmente uns 250 adultos e arredor de 50 poldros.

O curro da Valga transcorrerá no seu habitual ambiente festivo, con cantina e postos de comida onde as persoas que se acheguen ata o lugar poderán gozar desta xornada de actividade gandeira e celebración popular.

Despois da Valga, en Oia desenvolverase os curros de Torroña (2 de xuño) e Mougás (9 de xuño).

Avisos sobre fogueiras, medio ambiente e acampadas:

En relación á próxima celebración dos curros, lémbrase que soamente está permitido facer fogueiras nos lugares habilitados para elo. No caso de que o IRDI (Índice de Risco Diario de Incendio Forestal) teña un nivel elevado ese día, os lumes quedarán totalmente prohibidos.

Por outra banda, solicítase a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e manter a contorna libre de lixo. Na zona haberá contedores para depositar os refugallos.

Finalmente, lémbrase que na zona tampouco está permitido realizar acampadas.

Publicado o 6 Mai 2019 en Oia, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies