• Segue conectado
  • |

A Guarda organiza a XXIII Travesía a Nado Porto da Guarda

O período de inscrición na proba permanecerá aberto do 11 ao 29 de xuño.

A Guarda | A tradicional Travesía a Nado Porto da Guarda chegará a súa vixésimo terceira edición o vindeiro 7 de xullo, concidindo coa celebración da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira (do 6 ao 8 de xuño). A proba deportiva admitirá a participación de persoas de todas as idades, tanto federadas como non federadas, con categorías feminina e masculina e 6 subcategorías por rangos de idade.

A travesía partirá do peirao ás 12:00 horas, con dous percorridos en función da idade dos participantes. Así, os rapaces e as rapazas de ata 11 anos realizarán un percorrido de 400 metros, namentres as persoas de 12 anos en diante percorrerán unha distancia de 1.200 metros no interior do porto guardés.

O período de inscrición permanecerá aberto entre os días 11 e 29 de xuño. As persoas interesadas en participar poderán anotarse na proba a través da páxina web do Concello da Guarda, premendo na imaxe da XXIII Travesía a nado Porto da Guarda e cumprimentando o formulario enlazado.

Os menores de idade non federados deberán achegar unha autorización asinada polo seu pai, nai ou titor/a legal ao correo electrónico turismo@aguarda.es. Para máis información, poderán dirixirse á Oficina Municipal de Turismo, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

A XXIII Travesía a nado Porto da Guarda é un evento organizado pola Concellería de Deportes do Concello da Guarda en colaboración co Club de Remo Robaleira, o club Alagua, a Cofradía de Pescadores Santa Tecla e a empresa Río Verde motores forabordas.

*Formulario de inscrición:
http://www.aguarda.es/servizos-municipais/deporte/travesia-a-nado/

Publicado o 9 Xuñ 2018 en A Guarda, Axenda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies