• Segue conectado
  • |

A escritora Marica Campo, no Club de lectura ” Sete vidas”

A actividade está organizada pola asociación Espazo Lectura

O martes 7 de febreiro na Biblioteca Municipal de Gondomar ten lugar a cita mensual co club de lectura Sete Vidas. Nesta ocasión, os lectores e lectoras que queiran achegarse á biblioteca poderán falar arredor do libro de relatos Confusión e morte de María Balteira (Baía Edicións 2010) da autora luguesa Marica Campo. A actividade comeza ás 20.00 horas.

Contaremos coa visita da autora
A partir das 21.00 horas, a escritora Marica Campo achegarase á biblioteca de Gondomar para conversar sobre a súa obra coas persoas que acudan ao club.

O libro
Confusión e morte de María Balteira é unha incursión narrativa no mundo das nosas lendas, máxico e poliédrico; unha revelación do universo feminino (a presenza dignificada de tantas mulleres que se revelan e se rebelan) adoito oculto e incomprendido; o empeño por corporeizar e materializar vellas personaxes do imaxinario popular, tan real canto ignorado; un novo deseño do histórico e mais do fantástico, tratados como formas de coñecemento rupturista… Do caos e da fragmentación aparente viaxamos, da man de Marica Campo, ao cosmos peculiar e único dun universo inequivocamente galego. Eis o convite audaz e enriquecedor que a escritora nos formula nesta ducia de novelas en síntese que encerran as páxinas de Confusión e Morte de María Balteira, a obra madura e feita que suporá, de certo, un salto cualitativo na narrativa dos nosos días.

A autora
Marica Campo naceu en Val do Mao (O Incio) en 1948. Dende sempre compaxina a docencia coa literatura. A pesar de ser moi coñecida como poeta, nos últimos anos está a destacar tamén polas súas incursións na narrativa e no teatro. Entre outros méritos, foi letrista do mítico grupo galego Fuxan os ventos.

Entre as súas obras cómpre salientar títulos como Confusión e morte de María Balteira, Memoria para Xoana, Abracadabras e a adaptación teatral do clásico de Curros Enríquez O divino sainete.

Publicado o 6 Feb 2012 en Axenda, Gondomar, Libros, Val Miñor.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies