• Segue conectado
  • |

A compañía galega Isla LeTriska presenta o seu espectáculo de novo circo en San Martiño Pinario

Isla LeTriska

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A compañía galega Isla LeTriska presenta un delirante espectáculo que combina variadas disciplinas de novo circo (malabares, pallaso, equilibrios…) con excentricidades e xogos co público. Será este mércores 5 de agosto, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, con entrada de balde, nunha nova entrega do programa Verán na rúa.

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando proezas como malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxectos cotiáns, pelexar co público ou incluso converter a un neno nun grande artista de circo. LeTriska Inmobile é habilidade, perspicacia, velocidade mental e, sobre todo, tontería, moita tontería.

Este espectáculo de novo circo, para maiores de 6 anos, forma parte do programa Verán na rúa, co que a Concellaría de Acción Cultural enche de novo no mes de agosto algunhas das rúas e prazas máis emblemáticas de Santiago de Compostela cunha variada programación. A oferta está dirixida a todo o público que só se ten que preocupar de coller un bo sitio para ver os diferentes espectáculos de circo, acrobacias aéreas, malabares, títeres, maxia, teatro de rúa, contacontos, danza, ou música, entre outros, xa que todas as actividades son de balde.

Publicado o 4 Ago 2015 en Axenda, Santiago de Compostela.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies