• Segue conectado
  • |

A Asociación de Médicos Galegos crea o seu comité estratéxico

 

Galiza | A Asociación de Médicos Galegos (Asomega) acaba de constituír o seu Comité Estratéxico, un organismo composto por destacados perfís profesionais, a maioría vinculados ao ámbito sanitario, que servirá de apoio á institución para definir as súas liñas estratéxicas e grandes proxectos desde a cualificación que outorga a traxectoria dos seus membros. Entre eles, destaca a presenza de Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, e a de José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia en Madrid.

Ademais de por Santalices e Ónega, que mostraron en todo momento un importante compromiso con Asomega, o novo Comité está formado por outros nomes como o Miguel Carrero, presidente de Previsión Sanitaria Nacional (PSN); José María Pino, presidente de Sanitaria 2000; Roberto Conde, director executivo de Nutrición Médica; Carlos Cenjor, xefe do Servizo de Otorrinolaringología da Fundación Jiménez Díaz; Rafael Pérez Santamarina, xerente do Hospital La Paz; e outros profesionais do Medicamento de recoñecido prestixio como José Manuel Pérez Vázquez e Ramón Cadórniga. Con esta composición, Asomega constitúe un órgano que aglutina distintas sensiblidades, desde a vertente política, a xestión hospitalaria ou a visión empresarial, e todo iso desde unha óptica sanitaria incluyente que se ve reflectida na presenza de profesionais vinculados á sanidade pública, privada e concertada.

“Este é un comité aberto e esperamos seguir incorporando profesionais que poidan sumar a difundir o labor que desenvolve Asomega en todos os seus campos de actuación”

En palabras do presidente de Asomega, Julio Ancochea, “este é un comité aberto e esperamos seguir incorporando profesionais que poidan sumar a difundir o labor que desenvolve Asomega en todos os seus campos de actuación”. Precisamente a institución acaba de inaugurar un ciclo de conferencias que baixo o título Medicina e Humanidades, e organizado da man de PSN, pretende poñer de manifesto a necesaria unión entre a disciplina científica médica e a humanística para un óptimo desenvolvemento da Medicina en beneficio da sociedade.

Asomega está integrada por médicos e persoas dedicadas á sanidade de orixe galega, educación universitaria galega e/ou sensibilidade especial con Galicia. Foi fundada en 1994 e entre os seus fins está o promover a comunicación e relacións interprofesionais e humanas entre todos os asociados, coas universidades de Galicia e en especial coa Universidade de Santiago de Compostela. Anualmente convoca o premio Profesor Nóvoa Santos que se concede a unha personalidade relevante da medicina/sanidade galega ou estreitamente vinculada a Galicia, así como a entrega anual da Insignia de Ouro de Asomega a personalidades doutros ámbitos sociais polo seu apoio á entidade ou o seu labor en favor de Galicia e a súa cultura.

Publicado o 25 Xan 2017 en Aldea Global, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies