
Vigo | A construción dun futuro Centro de Negocios e Emprendemento en Pontevedra vinculado á UVigo e o estudio de diferentes alternativas para a ampliación do chan empresarial foron temas abordados polo delegado especial do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores durante unha xuntanza na sede do Consorcio en Vigo. O Centro contará con espazos para startups e networking para dinamizar o emprego e desenvolvemento económico.




