Arbo | A conselleira de Medio Rural María José Gómez visitou a adega Eidosela en Arbo, anunciando que a Xunta de Galicia inviste 10M€ para apoiar a reestruturación de viñedos, comercialización e promoción do viño galego.
Acompañada do Alcalde Horacio Gil, Gómez sinalou que a Xunta utilizará estes fondos confinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (Feaga) no marco da Estratexia de Dinamización Territorial e Turística das Comarcas Vitivinícolas. A conselleira celebrou que Eidosela sexa un exemplo de modelo cooperativo a través da participación de 63 socios que xestionan ao redor de 60 hectáreas de viñedo. A súa capacidade de produción pode alcanzar os 600.000 litros de viño anuais, centrados na variedade do Albariño amparada pola Denominación de Orixe Rías Baixas.
Eidosela comercializa marcas recoñecidas como Eidosela Albariño, Arbastrum Condado do Tea, Etra Albariño ou Etra Burbullas do Atlántico Extra Brut. Ten recibido galardóns como Mellor Viño Branco de Galicia 2019 para o Arbastrum Condado do Tea, así como dos Bacchus de Ouro para o Eidosela Albariño 2024 e a Selección Albariño sobre lías 2023.