Xosé Antón Pérez-Lema: "É o momento de recuperarmos a política e os valores cooperativos, do mán común, tan propios do noso País"

Xosé Antón Pérez-Lema, membro do Consello Político Nacional de COMPROMISO POR GALICIA.

Falamos con Xosé Antón Pérez-Lema, que  é avogado e dirixiu o seu propio despacho dende 1991 até 2007 e dende 2009 até a data (PEREZ-LEMA,AVOGADOS E CONSULTORES).
Foi profesor da Universidade de Vigo e da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de A Coruña. E arestora é profesor do primeiro Master en Asesoría Xurídica de Empresas de Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE) da Coruña.
Institucionalmente, foi xefe de Gabinete da Consellaría da Presidencia e Admon Pca da Xunta (1987-1990) con Pablo G. Mariñas de Conselleiro, no Goberno tripartito e secretario xeral de Relacións Institucionais (2007-2009) na Vicepresidencia da Xunta, con Anxo Quintana durante o pasado goberno de coalición.
Fundou as MNG no 1986 e pertenceu ao Comité Executivo do PNG-PG. Foi membro da Xestora de Acción Galega e arestora é membro do Consello Político Nacional de COMPROMISO POR GALICIA.
Vostede desempeñou cargos institucionais durante o goberno bipartito. Diríae que se podia considerar como quintanista. Despois da asemble da Amio, do BNG, sae da fronte con +Galiza e os Irmandiños. Máis tarde pasa a formar parte dun novo partido: Accion Galega. Cal é a súa posición nestes momentos?
Confésome honrado da definición como “quintanista”,porque penso que a xestión de Quintana como Vicepresidente e, dalgun xeito, como voceiro do BNG supuxo unha remuda moi substancial para o galeguismo e abriu a posibilidade de construirmos a casa comun dos galeguistas, abrindo o nacionalismo a sociedade. Desgrazadamente, as Asembleas Nacionais de maio do 2009 e xaneiro do 2012 pecharon de vez este camiño e converteron o BNG nun proxecto ancorado nunha parte da sociedade, nun proxecto lexitimo, pero de parte, mediatizado polo sindicalismo e por un partido que non entende a Galicia actual e amosase medoñento diante de todo protagonismo social e de toda proposta de renovacion social e politica, como as que facemos dende CxG dende a radicalidade democratica.
Acción Galega +Galiza e os Ecogaleguistas veñen de conformar unha nova opción política nacionalista: Compromiso X Galicia. Que se busca con esa confluencia quedando fora o E.I. e outros grupos minúsculos?
En CxG non se lle pecha o camiño a ninguen. EI manifestou que o seu futuro iase definir nas chamadas Asembleas, este proceso remata o 14 deste xullo e seran eles os que teñan que definir a sua folla de ruta que COMPROMISO ten clara. Personalmente penso que poderia ser posibel e mesmo conveniente algunha caste de converxencia electoral dende os eixos da afirmacion do autogoberno, do Estado de Benestar e dos valores da radicalidade democratica, mesmo elixindo ao noso candidato ou candidata a Presidencia da Xunta en primarias abertas a cidadania.
En Acción Galega tamén se integra Cuiña “junior”. procedente do :P.P.; cre que os votantes nacionalistas van entender estas alianzas? Por que se fan este tipo de confluencias tan diversas ideológicamente?
E consubstancial ao ADN de CxG a sua transversalidade,o que non prexudica a sua centralidade. Esta transversalidade integra dende persoas do centro progresista ate a esquerda renovadora e non dogmatica. En realidade estan todas as correntes que fixeron posibel o pacto que xerou o maior e mellor espazo para a cohesion e a inclusion social da historia: os socialliberais, os socialdemocratas,os ecosocialistas.Porque collemos todos? Porque tamen llepertence ao noso ADN a centralidade, e dicir, interpretarmos na proximidade da maioria social galega. Velai que procuremos as solucions mais acaidas a unha realidade moi dura, absolutamente critica, que, por forza, son eclecticas e mixtas.
Canto a Rafael Cuiña considero que esta perfectamente integrado nesta cultura politica. E mais, considero que hoxendia e un dos principais referentes desta forza e que contribue en moi grande medida a creacion desta forza politica.Non descubro nada se lembro que Cuiña se ten confiado en varias ocasions proximo as solucions socialdemocratas.
Na última asamblea do BNG +Galiza e E.I. presentaron unha proposta conxunta para “regenerar” o BNG dende dentro. Hoxe prséntanse en sociedade pero con ritmos e métodos diferentes. Que vai pasar nun próximo futuro? Poderiamos pensar en tres opcións nacionalistas nas próximas eleccións autonómica?
Dende hai case un ano levo dicindo que existen dous proxectos nacionalistas e non tres . Penso que as distintas forzas que integran ese Novo Galeguismo concorreran electoralmente xuntos,sempre que se dean eses marcos que entendemos esenciais: radicalidade na renovacion democratica, mesmo con primarias abertas para elixir ao candidato ou candidata a Xunta, transversalidade e centralidade. Penso que ai estamos case todos.
Beiras di que hai que empezar pola base; vostedes  xa deron pasos importantes cara á formación dese opción política conxunta. Quere isto decir que non coinciden os ritmos?
CxG naceu pola base. Cremos nunha organizacion politica mais horizontal, participativa e democratica, mesmo apostando polos procedementos 2.0. Definir asemblearismo como a unica formulacion da democracia nas organizacions politicas constitue unha vision reducionista e parcial.
Xa postos a presentar caras novas, por quen aposta Compromiso X Galicia como primeiros espadas en cada provincia?
CxG traballa nun Regulamento electotal, que vai permitir a escolla dos nosos candidat@s a medio de primarias e,dende logo, as que elixan ao candidat@ a Presidencia da Xunta seran abertas a cidadania. Xa que logo, e prematuro de mais falarmos de candidatos. Agora ben, en CxG partillan persoas moi salientabeis politica e socialmente. Teresa Taboas, Rafa Cuiña, Xoan Bascuas, Xose Manuel Perez Bouza, Pablo Gonzalez Mariñas, Encarna Otero, Xose Anxo Laxe, Manolo Dios, Henrique Monteagudo, Xulia Gundin, Eudosio Alvarez, Maria Mendez ou Pili Neira son so algunhas delas. E non digamos a achega das xeracions mais novas: Paulo CarlosLopez, Manolo Gonzalez, Sandra Arauxo…Temos un elemento humano de primeira. Non citei outros 80 a 100 lideres politicos que militan en COMPROMISO…
O BNG segue presentándose como a única opción que vai conquerir representación parlamentaria e trata de ignorar á xente que se foi do BNG; cre que esta estratexia é positiva ou vai contra o propio nacionalismo?
Para CxG o BNG non é o inimigo. Cada quén é dono das súas palabras e dos seus silencios.
Que datos internos ten CxG sobre o número de parlamentarios que se poden conseguir?
Non existen, que nós saiba,os, inquéritos cun universo abondo e metodoloxía axeitada para ser fiábeis. De todos os xeitos, épublico e notorio que algunhas nos dan resultados superiores á consecución do Grupo parlamentario. CxG vai estar no vindeiro Parlamento de Galicia e estará para ficar nel e para gobernar este País.
Como están as relacións entre CxG e a coordinadora das Asenbleas nacionalistas Galegas, sobre todo con E.I.? Hai posibilidades de confluencia cara a unha nova forza política ou soamente pode rematar nunha coalición electoral?
Penso que son relacions de mutuo respecto, sobre todo aos procesos internos de autodefinicion. O futuro perténcennos a todos e penso que existen bimbios para construir esa converxencia electoral, dentro dos marcos que falei nas preguntas anteriores.
Para rematar, mande unha mensaxe de espernza aos galegos e galegas que nas próximas eleccións van ter serias dúbidas de a quen votar.
O bipartidismo estatalista do PPe do PSOE é parte do problema que nos trouxo até aquí. Dende o novo galeguismo de CxG prometemos escoitar e dialogar, traballar sen prexuizos ideolóxicos e defender ao País, á nosa economía, aos emprendedores e aos servizos públicos. É o momento de recuperarmos a política e os valores cooperativos, do mán común, tan propios do noso País e que nos permitiron acadar as nosas mellores realizacións como País.

Outros artigos