
Vigo | O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, David Regades, e o presidente de ASIME, Justo Sierra, a través do seu grupo de seguridade e defensa SECDEFENSE, presentaron en Vigo a que será a primeira aceleradora de España de Innovación, Desenvolvemento de Negocio e Internacionalización en materia de Seguridade e Defensa.
O obxectivo é aproveitar o potente ecosistema industrial galego e a necesidade de novos proxectos estratéxicos europeos da man de empresas e entidades tractoras como Urovesa, Indra ou Navantia, pero tamén integrando ás pemes e startups, con innovación dual, civil e militar, e a creación de emprego cualificado.
Actualmente, unhas 30 empresas galegas xa operan nesta área, xerando 3.500 empregos, pero ASIME busca involucrar a 150 empresas nos próximos 10 anos, o que podería xerar ata 5.000 novos empregos en Galicia. Tras unha xornada Demo Day de presentación ante o Comité Técnico se seleccionarán un máximo de 10 proxectos que poderán participar na Aceleradora.




