VI edición da “Festa Etnográfica do Pereiro”

Celebrouse en Loñoá durante toda a xornada do domingo

Pereiro de Aguiar | A localidade de Loñoá celebrou  este domingo a sexta edición da Festa Etnográfica do Pereiro. O programa arrincou ás 11.00 horas, con talleres infantís e xogos populares, e durante toda a xornada houbo sorteos de artesanía, teatro, campionato de chave e billarda con actuacións musicais para nenos e adultos ata as nove da tarde.

Manuel Pardo, delegado da Xunta e Luís Menor, alcalde da localidade percorreron as diferentes casetas. Pardo subliñou que a Festa Etnográfica do Pereiro tenta recuperar os oficios tradicionais, tal e como a olería, cestería, talla en madeira, apicultura ou elaboración de instrumentos musicais co obxectivo de evitar que se perdan estas tradicións e poñer en valor esta riqueza intanxible dos nosos devanceiros.

O Concello do Pereiro de Aguiar convidou a todas as familias a gozar da Feira Miúda, un espazo creado especialmente para os máis pequenos e pequenas dentro da VI Festa Etnográfica do Pereiro.

Durante esta xornada tan especial, os nenos e nenas mergulláronse nas tradicións galegas a través dunha programación chea de entretemento, aprendizaxe e diversión.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.