Veciños de Sotobañado y Priorato coñeceron Ourense, Ribeira Sacra e O Ribeiro

O Concello palentino fletou tres autocares para traer a 110 dos seus 177 habitantes

Ourense | Cento dez veciños de Sotobañado y Priorato (Palencia) viñeron á provincia de Ourense a recibir o outono. Estiveron na capital provincial, na Ribeira Sacra, onde viaxaron en catamarán polo río Sil, e no Ribeiro. Nuria Sarmiento, responsable da expedición conta que “procedemos do corazón do románico palentino. O alcalde Miguel Abia Lozano (PP) fletou tres autocares para facer esta viaxe con todos os gastos pagados”.

Os visitantes percorreron o casco vello de Ourense e unha guía turística ofreceulles as explicacións pertinentes. Tiveron tempo para degustar a gastronomía local e ocasión para comparala coa que disfrutan eles a cotío.

A cociña palentina é moi enxebre e hogareña, o lechazo asado é o prato máis típico e das fértiles terras que rodean á capital obtéñense múltiples ingredientes hortícolas que completan a dieta. Baséase en pratos quentes, debido ao frío clima dominante.

Os exemplos máis claros son as súas sopas de allo, ou a clásica sopa castelá, elaborada con pan de hogaza, auga, aceite, allo e pemento, ás veces engádense tacos de xamón serrano e ovos escalfados. O pan é a base da gastronomía palentina, un exemplo da importancia que alcanza é o pan de Nogueiras, cunha escola dedicada ao mesmo, na que elaboran o pan bonito, o lechuguino, os moletes, os sopapos de roxóns e outras moitas clases de pans, feitos con fariña de Terra de Campos, de gran calidade.

Orixes
Sotobañado viría significar o lugar do pasteiro con mananciais e o de Priorado débese a Priorado de Cóengos Regulares de San Agustín dependentes da Abadía de Benevivere, fundada en 1165 polo conde Diego Martínez que foi mordomo de Alfonso VIII. Sotobañado y Priorato foi ascendida á categoría de vila pola Pragmática a Carlos IV, alá polo 1803. Gozou esta localidade de importantes mercados dominicais, vendéndose ante todo liño, quedando como recordo deste comercio a súa praza maior porticada do máis elegante e puro estilo castelán.

Sotobañado Y Priorato conta cunha extensión de 71 quilómetros cuadrados e 177 habitantes. É de supoñer que os veciños que non viñeron a Ourense desta volta, o fagan no futuro. Na foto, algúns dos excursionistas saboreando os petiscos da Casa do Pulpo en Ourense.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.