Un teclado, unha guitarra, un saxofón, un tenor, unha arpa, uns e outros, non faltan cada día ao encontro na Rúa do Príncipe de Vigo.

Manuel Estévez

Él quería cruzar los mares y olvidar a su sirena
La verdad no fue difícil cuando conoció a Mariela
Que tenía los ojos verdes y un negocio entre las piernas
Hay que ver que puntería no te arrimas a una buena

Manuel Estévez / Vigo | O vozarrón inconfundible do artista arxentino Manu Pereyra, o mesmo que na outra beira do Atlántico fora boxeador, ademáis de subir aos palcos coas orquestras Samaritana e Los del Bohío, entre outras formacions, agora sua voz ecoa nas paredes pétreas do edificio MARCO, noutrora carcelario e nas fachadas diseñadas por prestixiosos arquitectos no corazón da cidade olívica, a mesma que no 2011 puxera os pes o guitarrista, despois de cruzar o charco Atlántico.

O Galo do Vento, un local de copas, na Rúa San Vicente do Casco Vello, perto daqueloutro Alma, este xa pechado, ambolos dous comandados por Armando, foi o debut en España, na actualidade integrado no colectivo musical galego, compartillando as prazas, espazos e rúas con outros sons procedentes dos colegas que fan o propio en cada esquina, mantendo certas distancias e formas, nos días que nos toca vivir.

Eles son Ernesto Millos Garrido, percusionista que acompaña coa caixa ao Sebastián Paolillo, guitarra e voz; contrabaixista Alexis e armónica do holandés Ian; a colombiana, Viviana Monzón con ukelele barítono, cantando temas como O Rei ou a Chorona; a frauta de Marcos Outeiriño, tocando obras de Mozart e Bach;  saxofonista M. Quintana de Vigo de toda a vida,  27 anos e tocando dende os 13 tanto o saxo coma o piano. Estudios en varios conservatorios de Galicia sen chegar a rematar o título, por mor de desacordos artístico-creativos coa maneira na que a educación musical está plantexada. Igoalmente pasou polo  Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, recibindo clases do contrabaixista de Cambados, Paco Charlín. Tocou con grupos, de Rock, Reggae, Cantautor, Jazz, Blues, entre outros, así como en Bandas de Música, entre elas a de Coruxo e colaborador con moitos músicos de Vigo e arredores, e grabacións de múltiples discos, sendo o último o do grupo vigués ‘Oldogs’ e na Rúa do Príncipe a improvisación co Saxo Alto, ante o  que se paran centos de peatóns.

Fausto López, que fora vocalista na Sintonía de Vigo, Orquestra Poceiro e mesmo tenor de Marta Sánchez, Programa -La Batalla de los Toros” Cadena 4 e durante catro temporadas do grupo vigués Talismán, amenizando verbenas nos povos circundantes ata que chegou o programa -Tu si que vales” de Tele 5, quedando finalista con “Violetas imperiales”, conseguindo na segunda edición, ser numero 1.

Colaborou en TVG, 1999-2000 en programas, Boas noites, Ruada, Luar, Tardes con Ana Kiro e Supermartes.

De 2013 a 2017, canta Ópera en Canarias en teatros, Auditorios e Hoteles para moverse mais tarde a Comunidade Valenciana, na que reside ata 2020.

En tempos recentes en Vigo,  instalóuse na Rúa do Príncipe, onde continúa con grande suceso explotando a nova faceta de Música nas rúas, nas que lle vai moi ben.

Manu Pereira, reside na rúa do Pracer, próximo ao Sireno de Leiro, separados polas escaleiras mecánicas e cada mañánciña ten as ideas claras. Dirixe seus pasos hacia a Praza América , para ofrecer aos camiñantes cancións de hoxe e de sempre. O Porto de Vigo é outro rincón, onde o vozarrón envolve ao nadador do escultor de Cambados, Paco Leiro igoalmente aos barcos que regresan de Moaña, Cangas ou As Cíes e mesmo despiden aos viaxeiros que chegan á cidade a bordo de Trasatlánticos.

Ao Calvario sube de cando en vez para cantar no paseo, a poucos metros da Praza de Abastos, envolvendo ao vecindario de son e voz, máis o seu desexo e asistir a concertos nas mil e unha festas galegas ou bolos aquí e acolá, mais as circunstancias do virus impidenno e terá que esperar tempos mellores.

“Entre amigos”, é o titulo  dun traballo discográfico que inclúe “Corazón espinado”, “Lamento boliviano” “Sin ti no valgo nada”, “Puente carretero”, “No dudaría” e “Corbata roja”-

Perto del  toca, Fredy Miguel Fernández Novoa, un teclista que compartiu palcos con Verano Azul, Primera Fila, Mundo Noche, Oasis, Alborada, Ciudad de Pontevedra, Atenas e recitais poéticos, na actualidade canta temas dos Beatles, Silvio Rodríguez, Mecano e outros nas inmediacións do Museo Contemporáneo de Vigo, acompañado dun teclado.

Xavi Cereixo, icono das cordas, leva moitos anos punteando, día si, outro tamén no Príncipe o mesmo que aqueloutro multidisciplinar, Roger Sáinz, titiriteiro, músico, pintor, viaxeiro incansable chegado fai moitos anos de Tudela o mesmo que entra pedaleando a rúa principal, na compaña dos seus fillos as marionetas, que él mesmo manipula para disfrute de uns e de outros, máis tamen toca a armónica, bandolina ou pandeiro construido por él mesmo.

Entretanto, a beira do mar, a potente voz de Pereira.

Libre, como el sol cuando amanece,
Yo soy libre como el mar
Libre, como el ave que escapó de su prisión
Y puede al fin volar.
Libre, como el viento que recoge mi lamento y mi pesar.
Camino sin cesar, detrás de la verdad,
Y sabré lo que es al fin la libertad.

dito sexa de paso que outrora gravara o inesquecible Nino Bravo, Pereira despidiu o Ventura, despois de cantar Perfidia, Let it Be ou América.