“Um Pássaro Azul no peito”.

Aconsello ler este poema de Charles Bukowski, que poderedes atopar en internet. Non deixedes morrer o paxaro azul que tedes no peito; non o vendades, non acabedes con el.

Por máis que vos acosen, chantaxeen ou vos ofrezan cousas: falade, lede, escribide e escoitade música en galego. Dicía Gandhi: “onde hai amor, hai vida”.

E o amor comeza polas nosas raíces, polo noso país asoballado, sen esquecermonos de todas as demais causas xustas da humanidade. Hai varios libros de recente publicación sobre a historia da represión lingüística do idioma e da cultura galega: o de Henrique Monteagudo, o de Carlos Callón…

Informádevos e poñédevos do lado correcto de xeito consciente.  É un dereito legal que temos: só hai que ter valor para exercelo nesta falsa democracia.  Criade o paxaro azul e deixadeo cantar e revoar en canto teñades ocasión. A referencia aos prostíbulos non é do máis axeitado do poema, pero eu non o vou cambiar… Unha obra mestra como esta nin se pode nin se debe cambiar.

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.