Turismo de Galicia quere paliar a perda de ingresos polos incendios

Porá en marcha unha campaña nacional que valore a oferta de Galicia

Ourense | Xosé Merelles Remy, director de Turismo de Galicia, máis Manuel Pardo, delegado da Xunta en Ourense, presentaron hoxe a batería de medidas de máis de 3,6M€ que porá en marcha para axudar de xeito específico ao sector turístico galego ante os efectos provocados polos incendios.

Un dos principais obxectivos será minimizar o impacto que os incendios puidesen dar de cara ao exterior na percepción e reputación do destino “unha das principais preocupacións que os profesionais turísticos nos trasladaron nas reunións que mantivemos con eles”, dixo Merelles. Este outono a Xunta de Galicia vai poñer en marcha unha campaña xeral de promoción en mercados nacionais cun investimento de 2,6M€ que porá en valor os recursos e oferta complementaria galega. A isto súmase outra microcampaña de difusión para que se poidan promover eses concellos e establecementos das zonas máis afectadas polos incendios “imos inducir a demanda para impulsar a utiliza que utilicen os establecementos destes concellos afectados.

A batería de medidas inclúe propostas para incentivar a demanda con iniciativas como o lanzamento dun novo programa de produtos turísticos que estamos deseñando coa Asociación Galega de Axencias de Viaxe (Agavi) que fomentará as pernoitacións e uso de establecementos turísticos nestes concellos. A campaña se vai difundir a través da rede de Agavi en Galicia e de todas as axencias españolas asociadas á Federación de Axencias de Viaxes de España. A Xunta de Galicia vai financiar o 85% para aloxarse e vivir experiencias turísticas nos establecementos dos concellos afectados. “Mentres os territorios recuperan o seu potencial natural, poden ofrecer aos visitantes unha rica oferta complementaria de enoturismo, gastronomía ou patrimonio que queremos poñer en valor con este novo programa”, explicou Xosé Merelles.

Merelles tamén fixo mención ás cancelacións que tiveron lugar en agosto nos aloxamentos das zonas afectadas. A Xunta dará o 25% das perdas acreditadas ata un máximo de 2.500 euros por establecemento de aloxamento regrado.

Bono turístico e Outono gastronómico
O director de Turismo recordou, tamén, unha cuarta medida, esta xa en marcha, que tamén vai contribuír a incentivar a demanda turística especialmente orientada a estas zonas. Fixo mención ao Outono Gastronómico, que combina estadías en casas rurais e gastronomía na que participan preto de 80 casas de turismo rural (varias delas nos concellos afectados) e que comezará o 19 de setembro. Tamén se referiu ao Bono Turístico de Galicia cuxa edición comezará o vindeiro mes 15 de setembro e neste sentido, animou aos establecementos das zonas afectadas a que se adhiran para aloxar a algún dos máis de 16.000 beneficiarios dos bonos turísticos emitidos. Poden facelo ata o 1 de decembro.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.