
Ourense | Marcos Prada, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe e da Ruta do Viño Valdeorras, reuniuse en Santiago con Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, con quen analizou futuras accións de promoción do enoturismo na zona no próximo ano 2026.
En concreto, falaron da vindeira edición da Feira do Viño de Valdeorras, da que se estudará unha posible colaboración por parte de Turismo de Galicia. Tamén analizaron polo miúdo outras actividades que desenvolverá a Ruta do Viño en 2026 como a segunda edición do Festival ‘Entre Covas’, as rutas cicloturísticas pola comarca e o programa ‘Percorre Valdeorras, experiencia enoturística e cultural’.
Xosé Merelles felicitou ao organismo “polo traballo que fai por dinamizar o territorio e contribuir ao seu impulso turístico desde a promocioción da tradición enoturistica”.




