Turismo da Xunta inicia trámites para mellorar a seguridade no Camiño de Inverno

Beneficiará aos nos Concellos de Carballeda, O Barco, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada, Rodeiro e Lalín

Ourense | Turismo de Galicia somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado e construción dos doce treitos comúns no Camiño de Inverno. En concreto, están treitos atópanse nos concellos de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada, Rodeiro e Lalín.

A publicación desta resolución implica que as persoas que así o desexen poderán formular alegacións relativas á actuación, así como solicitar a revisión de posibles erros da relación de bens, dereitos e persoas propietarias afectadas polo proxecto. Para isto, deberán remitir un escrito á propia Xunta nun prazo de 30 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

O proxecto de trazado dos treitos comúns no Camiño de Inverno enmárcase no proxecto de mellora da seguridade viaria dos peregrinos no Camiño de Santiago no horizonte do vindeiro Xacobeo 2027. Estas actuacións realizaranse en máis de 150 quilómetros dos nove Caminos de Santiago para afastar aos peregrinos das zonas perigosas de circulación e conta cun investimento de ata 40M€.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.