Tui | Tras o éxito dos últimos anos o Instituto de Estudos Tudenses organiza unha nova edición das visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” en colaboración coa Concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui.
Neste mes de xullo e no agosto realizarán unha total de seis actividades e visitas guiadas a elementos patrimoniais tudenses a cargo de especialistas do propio Instituto.
Programa “Coñece o noso patrimonio”
Luns, 14 de xullo
• Paseo literario polo corazón de Tui
• Ás 20.00 h. Inicio Miradoiro da Alameda de San Domingo
• Visita guiada pola escritora Marga do Val
Mércores, 23 de xullo
• Conferencia “700 anos da peregrinación da Rainha Santa”
• Ás 20.30 h na Igrexa de San Domingos
• A cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela
Venres, 25 de xullo
• Camiñada comentada polo Camiño Portugués dende Rúa Olímpicos tudenses ata Capela de Nosa Señora do Camiño
• Ás 9.00 h. Inicio na rúa Olímpicos Tudenses
Martes, 29 de xullo
• mosteiro de San Fins de Friestas – Valença
• Ás 20.00 h ES. Mosteiro de San Fins
• Visita guiada polo historiador Narciso Serra
Martes, 12 de agosto
• A escultura románica e gótica na catedral de Tui
• Ás 20.30 h. Inicio na porta Norte da Catedral
• Visita guiada pola profesora Marta Cendón
Martes, 19 de agosto
• A Igrexa de San Telmo
• Ás 20.30 h no adro da igrexa de San Telmo
• Visita guiada por José Ramón Fernández Fernández
Dende o Instituto de Estudios Tudenses abordan este novo ciclo de actividades e visitas guiadas co obxectivo de contribuír ao coñecemento e divulgación do amplo acervo patrimonial que atesoura a nosa cidade e que paralelamente contribuirá a súa mellor conservación. A concelleira de Turismo e Patrimonio de Tui, Ana María Núñez Álvarez, agradece este programa “Coñece o noso patrimonio” que organiza o Instituto de Estudios Tudenses, confiando en que se repita a gran acollida que tivo en anos anteriores.