Tui acolle o V Encontro de Viños da Raia

No marco das Festas de San Telmo os días 4 e 5 de abril

Tui | A Praza da Inmaculada presentou este 25 de marzo o V Encontro de Viños da Raia a celebrarse no marco da programación das festas de San Telmo os días 4 e 5 de abril.

No acto participaron o Alcalde Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, Olalla Ruibal da Adega Edmun do Val, e Pilar Rolán de Adegas Rolán, en representación das 17 adegas, doce galegas e cinco portuguesas, que participarán neste evento. Este encontro enogastronómico iniciado en 2021 contará igualmente coa participación do sumiller tudense Juanjo Figueroa e o cociñeiro Ángel García, quen presentará como novidade gastronómica a utilización da ostra en estilo gourmet.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.