Solidariedade con Venezuela e contra Trump

Diversos partidos políticos e movementos sociais galegos denunciaron “a agresión de EEUU contra Venezuela”

Santiago de Compostela | Aproximadamente un millar de persoas convocadas pola Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez protestaron na capital galega baixo o lema “Alto á agresión ianque contra Venezuela. Pola paz e a soberanía dos pobos”, denunciando a “agresión militar imperialista sobre Venezuela” levada a cabo por parte da Administración Trump o pasado 3 de xaneiro coa captura do ex presidente Nicolás Maduro así como a vulneración do dereito internacional.

Estiveron presentes o BNG, Podemos e outras agrupacións sociais, sindicais e políticas como o Capítulo Galego da Internacional Antifascista e o Comunismo Revolucionario Galego, así como Martín Pacheco, Cónsul da República Bolivariana de Venezuela en Galicia.

 

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.