Como cada vez que se revisan as pensións, en foros e páxinas de xubilados e pensionistas aparecen demandas e propostas que reclaman a eliminación do IRPF delas , este ano sumáronse ao coro múltiples artigos de “expertos” no tema, a maioría a soldo de entidades bancarias e aseguradoras e outras empresas xestoras de fondos de pensións de distinto e variado tipo, ata hai pouco o obxectivo era vender sistemas de capitalización en competencia co actualmente sistema público en vigor de repartición , ultimamente está de moda propoñer solucións mixtas, que para evitar as malas opinións que merecen as experiencias de capitalización que preséntanse como “nocionales”, pero que funcionan moi parecido ás de capitalización, pero soluciones para as que piden desgravacións fiscais no IRPF, é dicir algo moi parecido á proposta de eliminación do IRPF das pensións con outra presentación mais vendible, pero quedemos na análise de que supón eliminar o IRPF das actuais pensións.

1 – A quen beneficia?
Soamente ás pensións mais altas, que son o 26 % (ano 2025) dos case 10 millóns de pensións existentes.
2- A quen prexudica?
En principio a todos os das pensións máis baixas, xa que retiraría recursos da sanidade, os servizos sociais (que son algo máis das viaxes de IMSERSO), a seguridade pública e todo aquilo que sexa de acceso universal dos que este sector é beneficiario preferente, tendo en conta as súas limitacións económicas. É evidente que impacta na educación, a vivenda pública, as relacións exteriores, corrección de desigualdades como a pobreza enerxética, etc. que afecta á totalidade da poboación pero sobre todo aos máis vulnerables. Iso é así porque a principal fonte de financiamento de toda prestación ou servizo público é o recadado polo IRPF.
3 – Porqué o colectivo con pensións baixas é o máis prexudicado?
O mínimo exento de pago do IRPF de 2026 é de 15.876 €, a inmensa maioría de pensionistas están no grupo de contribuíntes cuxos ingresos anuais non alcanzan esa cantidade, que supón que non teñen que pagar nada polo IRPF, polo que a posible eliminación reclamada para os pensionistas non produciría ningún aumento nos seus ingresos.
4 – É certo o argumento de que non é legal en Europa?
Este argumento é absolutamente FALSO, é máis d’acordo con a normativa da U.E. todos os estados membros poden establecer un IRPF, con idénticas fontes suxeitas a el. Salarios, pensións, alugueiros, dividendos, intereses, actividades agrícolas ou comerciais, actividades artísticas ou deportivas, rifas, etc. é dicir todo tipo de ingreso anual.
5 – Existe unha dobre imposición sobre as cotizacións ao S.S.?
A realidade é que cando se realiza a declaración anual ditas cotizacións serán gastos deducibles dos rendementos do traballo, de conformidade co articulo 19,2 da LIRPF O artigo 19,1 da LIRPF sinala o seguinte: «1. O rendemento neto do traballo será o resultado de diminuír o rendemento íntegro no importe dos gastos deducibles. Así pois non é posible argumentar que ninguén sufriu impacto algún do IRPF sobre as cantidades que durante a nosa vida laboral que nós ou os nosos empregadores achegamos como cotizacións á S.S.





