Para uns a PIDE dos Borbóns pode ser a Policía, para outros a Garda Civil. Porén a min nin a Policía nin a Garda Civil me fixeron nunca nada malo, fóra dunha simple identificación ou unha pequena multa por unha pequena infracción de tráfico miña.
Porén si teño ao CNI por unha organización anti-galega, antidemocrática e que atenta contra os dereitos humanos, da que eles tamén foron, son ou poden ser vítimas. De cantos galego/as se ocupou o CNI en todos estes anos? Sutilmente e intensamente, a distancia, sen deixar pegadas visíbeis; porén, probabelmente, deixando resultados devastadores e levando a algúns ou moitos ao suicidio.
“Porén si teño ao CNI por unha organización anti-galega, antidemocrática e que atenta contra os dereitos humanos”
A consecuencia lóxica das súas refinada persecución psicolóxica, intimidacións, chantaxes implícitos e represalias, aparentemente, casuais individuais e colectivas, nas que colaboran moitos covardes. A cantos lles arruinou a vida? Non dispoño deses datos. Porén talvez o seu dano foi maior que o de ETA… Teño ao CNI por unha man negra que actúa no Ministerio de Defensa e Interior contra o funcionariado crítico ou díscolo coa liña oficial (e monolingüe), a pesar de que esta poida ser claramente ilegal e perversa, como xa ten ocorrido…
Os meus indicios dificilmente van ser probados, a non ser desde dentro (algo improbábel). Podo trabucarme en cousas, non digo que non; mais lembro que a Asociación Unificada de Gardas Civís de Galicia tamén denunciou hai anos acoso do CNI, espionaxe dos seus ordenadores,…