
Sober | O Concello de Sober presentou o cartaz gañador do “Concurso de carteis da XLVI Feira do Viño de Amandi”, titulada ‘Amandi. Un viño de cine’ da autoría da deseñadora de Begonte Marta Luisa Silvarrey.
Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, outras autoridades e algúns adegueiros asistiron ao acto na miradoiro do Xabrega. A feira será os días 27, 28 e 29 de marzo. O concello convidado de honra será o de Ribas de Sil. Na cita participarán 22 adegas da denominación de orixe Ribeira Sacra.
Venres 27. Ás 19.30 horas: Inauguración a cargo da Adega Petrón, de Doade, en lembranza de Epifanio Campo.
Ás 21:30 horas: Actuación de Festicultores Troupe.
Ás 23:30: Actuación de Momolius Dop.
Sábado 28. Ás 11:00 horas: Apertura de stands.
Ás 11:30 horas: Actuación dun grupo de música tradicional, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Ás 12:30 horas: Actuación da Banda de Música de Sober.
Ás 17:00 horas: Comezo da precata oficial.
Ás 18:30 horas: Actuación da Charanga Bandiños Band.
Ás 20:00 horas: Actuación de Louband.
Ás 22:00 horas: Actuación de orquestra Bravú Xangai.
As 23:30 Actuación de Gin Toni´s.
Domingo 29. Ás 10:45 horas: Actuación da charanga NBA.
Ás 11:00 horas: Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
Ás 11:30 horas: Comezo da cata final oficial.
Ás 11:30 horas: Misa solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
As 12:00 horas: Animación cunha selección de tunas de Madrid.
Ás 12:30 horas: Recepción de autoridades na Casa do Concello.
Ás 13:00 horas: Pregón a cargo do chef Estrella Michelin Rafe Centeno do Restaurante Vértigo.
Ás 13:30 horas: Entrega de premios.
Ás 17:30 horas: Actuación da charanga NBA
Ás 19:30 horas: Baile coa orquestra Tania Veiras e Os Cumbia Pop.




