Seguridade viaria na PO-253 en Ponteareas

Asfaltado en trece quilómetros entre Prado e Pazos de Borbén

Ponteareas | A alcaldesa Nava Castro, e o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera, vén de supervisar as obras de asfaltado que está a executar a Xunta nos 13 quilómetros unta na estrada PO-253, que conecta o municipio na parroquia de Prado con Pazos de Borbén.

González Carrera destacou que as obras actuais supoñen un investimento total de 943.860€, correspondendo ao tramo de Ponteareas un investimento de 568.082€. Esta actuación dá continuidade ás melloras realizadas en 2025 pola Deputación de Pontevedra, que investiu 710.000€ nun proxecto centrado na seguridade viaria entre Ponteareas e Pazos de Borbén.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.