Salvaterra de Miño | Un ano máis e co fin último de incentivar o estudo e o esforzo dos estudantes do Concello de Salvaterra de Miño celebrouse a XX edición dos Premios de Educación do curso 2024-2025 que tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos do Concello.
O acto de entrega ó que asistiron alumnos e alumnas, familias, profesorado e representantes dos centros educativos contou tamén coa presenza da alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel, a concelleira de Educación Lorena Soto.
“Os premios de educación buscan a través da colaboración entre centros educativos e Concello premiar o esforzo e traballo dos estudantes en cada etapa” así explicaba Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño, a importancia desta iniciativa pioneira na nosa contorna e que premia ós mellores expedientes de cada etapa: primaria, secundaria, ciclos e bacharelato.
En total foron 14 premios os entregados e que consisten en equipos informáticos compostos por unha tablet, unha funda, unha memoria micro SD e auriculares inalámbricos. Do total 5 foron para o Instituto de Educación Secundaria (4o ESO, FP Básica e Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura), outros 5 para o CEIP Infante Felipe e 2 para CEIP de Leirado e tamén 2 para o CEP Carlos Casares. Os premiados foron:
CEP Carlos Casares Alxén
– Breogán Pérez González e Pablo Pérez Brandao
CEIP de Leirado
– Adam Calvinho Martínez e Leyre Valiño Lago
CEIP Infante Felipe de Borbón
– Iria Gándara Diz, Inés Lemos Martínez, Iria Mouriño Pérez, Lia Casas Blanco e Enzo
Valentín Barreiro García
I.E.S Salvaterra de Miño
4o E.S.O.
– Adan Castro Natividad, Nerea Vidal Tiago e Ainoa Porto Castro
CICLO Medio de Soldadura e Caldeiraría
– Anas Fadoul Errahali
CICLO BÁSICO DE CARPINTARÍA E MOBLE
– Giovanni Busto García
Ademais os tres mellores expedientes de 2o de Bacharelato que foron para Noela Domínguez Estévez, Antía Rodríguez Pazo e María Fernanda Fernández Martínez; premiaronse con 3 bolsas de estudos que consisten nunha viaxe de dúas semanas a Brighton con vós directos, aloxamento en familia, curso de inglés, material escolar, certificado de asistencia, actividades, tarxeta de transporte e seguros; para perfeccionar a lingua inglesa.