Salvaterra mellorará os espazos para a infancia

Licitación das obras na Canuda e no entorno do Concello por máis de 400.000€

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño acaba de publicar na plataforma de Contratación do Estado a licitación de dúas obras estratéxicas para o gobernó local e que están enfocadas aos máis cativos do municipio.

Por un lado máis de 250.000 euros para a Humanización e mellora do Parque Infantil ubicado ao lado do Concello que consiste na adaptación e mellora da infraestructura existente, xerando un espazo novo, moderno e adaptado para os cativos do municipio que incluirá a instalación dunha pista polideportiva e xogos novos que farán as ledicias dos nenos e nenas, ademais de cambiar o peche perimetral e o acceso ó mesmo.

E por outro lado máis de 150.000 euros para a mellora do Parque Intantil e Área Deportiva da Canuda que consistirá en retirar e reparar os elementos existentes, substituír os equipamentos obsoletos ou deteriorados e finalmente realizar traballos de pintura dos elementos para deixar un acabado moderno e con todas as garantías para a plena realización de actividades de lecer e deportivas.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.