Salvaterra dixitaliza a EBAR

Rematadas as obras nas catro estacións de bombeo de augas residuais

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra ven de rematar as obras de dixitalización de catro estacións de bombeo de augas residuais (EBAR) EN Fornelos, Cordeiro, Pesqueiras e Alxén. O proxecto ascende a máis de 60.000€, dos que o Concello achegou 18.000€ e Xunta outros 44.440,19€. no marco dos fondos europeos NEXTGENERATION.

As obras, que se levaron a cabo tras unha auditoría realizada polo Concello en 2024, incluíron a substitución dos cadros eléctricos, instalando un sistema de telexestión e supervisión remota de funcionamento e fallos domesmo, un sistema de visualización de nivel e un sistema de control de niveis.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.