Salvaterra de Miño | O IES Salvaterra de Miño organizou a segunda edición do Concurso de Divulgación Científica que tiña como temática a sostibilidade, a mesma da Semana da Ciencia que organiza o centro.
O alumnado que participou contou mediante un vídeo, con creatividade, ciencia e compromiso co planeta, o que saben para que outros soñen con descubrir. Os vídeos están dispoñíbles nas redes sociais do centro.
Resultado deste concurso foron os vídeos gañadores que foron no primeiro ciclo da ESO o 1º premio para Elia Blanco González por “Murallas sostibles: unha ponte entre o pasado e o futuro” e o 2º premio para “A densidade dos distintos plásticos“ de Aroa Álvarez Mateos, Noa Araujo Fontán, Carlota Balboa Villar e Inés Céspedes Romero. No segundo ciclo da ESO resultaron gañadoras co 1º premio Carla González Fernández, Ainoa Porto Castro e Paula Rodríguez Castro co vídeo “Acidificación de océanos“.
Como recoñecemento ao seu traballo recibiron uns vales, por parte do Concello de Salvaterra de Miño, para gastar no comercio local, un xeito perfecto de continuar co espírito sostible, apoiando a economía de proximidade mentres celebramos o coñecemento.