Salvaterra abre a piscina municipal a partir deste 28 de xuño

Con cursos de natación en agosto

Salvaterra de Miño | Coa chegada do verán e o calor e tras rematar as últimas obras de mellora, o Concello de Salvaterra de Miño abre a Piscina Municipal para todos os veciños, veciñas e visitantes.

As instalacións abrirán o vindeiro martes 28 de xuño e o horario será de martes a venres de 15:00 a 21:00 horas e sábados, domingos e festivos de 13:00 a 21:00 horas. A instalacións que contan cunha piscina para pequen@s e outra para maiores ofrecen unha alternativa de ocio para toda a familia.

Ademáis durante os meses de xullo e agosto haberá cursos de natación en horario de mañá de martes a venres.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.