Rotura dun tramo dunha ponte na A-6 preto de Pedrafita

Artigo de Xosé-Bieito Coello Coello

As Pontes | Menos mal que cando se veu abaixo o tramo da ponte preto de Pedrafita na A-6 non había ninguén traballando, e sobre todo non estaba xa en servizo, -cousa que ía acontecer proximamente-, daquela os danos humanos podían ser terribles.

De tódalas maneiras, os gastos e incomodidades derivados deste desastre van ser enormes, sobre todo, sí como acontece case sempre con temas que afectan a Galicia non se acometen con axilidade e decisión.

E temos exemplos: dende que rematou a A-8, quedou un problema importante en Mondoñedo coa néboa, e despois de moitos anos segue sen amañarse definitivamente. Co afundimento do Villa de Pitanxo, segue sen tomarse a decisión de baixar o barco, cousa que algúns técnicos din que é posible, e existen medios, para aclarar as causas do accidente, e recuperar, si é posible, algúns cadáveres.

Outra cousa que debería de facerse é buscar ós responsables destes problemas, e non tapalos, pois non acontecen porque si, senón que son causados por erros clamorosos. Como é posible que se manteñan en pe pontes romanos e rompan pontes con poucos anos dende a súa construción?