“RiskGuard Drive pretende mellorar o comportamento dos condutores”

Tatiana Kochetova | Doutora de Ciencias Psicolóxicas pola Universidade de Moscova e investigadora na Universidade Milano Bicocca

Natural de Rusia, Tatiana Kochetova traballa actualmente na Universidade de Milano Bicocca como investigadora no Departamento de Psicoloxía levando a cabo o proxecto RiskGuard Drive, que pretende aplicar en España con Galicia como fase pionera. Con ela contactamos para falar deste proxecto durante a súa breve estancia en Gondomar.

En qué consiste o proxecto RiskGuard Drive?
Contén o desenvolvemento de plataformas para a investigación do nivel de risco dos condutores coa finalidade de corrixir o seu comportamento ao volante. En 2017 comecei esta investigación en Rusia colaborando coa Compañía Trafity de Estonia. En España está estipulado realizar unha StartUp ofrecendo o servizo ás autoescolas co obxectivo de aplicar esta formación para os condutores profesionais. Dito proxecto é tamén de interese para diversas empresas de transporte e loxística españolas e europeas e pretendemos amplialo a nivel mundial. O meu socio de Estonia xa comenzou a aplicalo en Alemaña.

É Galicia a fase pioneira deste proxecto en España? Por qué?
Si. Existen dúas razóns: a primeira, porque moitas StartUps se desenvolven noutras comunidades autónomas como Cataluña, Valencia, etc, pero elexín Galicia porque é unha rexión onde considero que hai que desenvolver este proxecto. A segunda razón se debe ao contacto con Marina Frolova Kondratiev, presidenta da Asociación Eslavos en Galicia, con quen xa viña traballando neste proxecto dende fai anos e que me convidou a esta breve estadía para coñecer e estudar o entorno profesional.

Qué outros contactos obtiveches durante a túa estancia?
Aparte de coñecer algúns veciños de Gondomar e as súas inquedanzas co respecto a este proxecto, contactei igualmente cun profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Salamanca e co presidente da Federació de Autoescoles de Catalunya, Raül Viladrich, os cales amosaron a súa receptividade e interese.

En qué estado se atopa actualmente este proxecto?
Xa temos unha plataforma de proba onde se poden realizar exames e recibir a diagnose do comportamento ao conducir. Co tempo procederemos a difundila.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina. Redactor Xefe de "Foro A Peneira" e "Novas do Eixo Atlántico".

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.