Ribeira Sacra xa vendimou seis millóns de quilos de uvas

Presentará os seus viños en Ámsterdam

Ourense | A denominación de orixe Ribeira Sacra seguirá con actividades promocionais en novembro acudindo con ACRUAGA ao evento “Salón dos viños e augardentes de Galicia” en Ámsterdam.

A actividade organizada pola Asociación Española de Catadores persegue continuar coa promoción dos viños galegos en Europa. “Despois de participar nas citas vitivinícolas de París, Düsseldorf e Londres, a asistencia a Amsterdam axudará a consolidar o mercado cos Países Baixos, dos principais importadores dos viños da D.O. Ribeira Sacra”, dixo José Manuel Rodríguez González, presidente da D.O. Ademais de seguir presente nas citas onde o viño é protagonista, a D.O. Ribeira Sacra segue desenvolvendo actividades de formación, tamén en colaboración con ACRUAGA.

Despois de vinte días de vendima oficial, a denominación de orixe Ribeira Sacra recolleu seis millóns de quilos de uva. Da variedade maioritaria, Mencía, lévanse vendimado máis de catro millóns de quilos. Das 89 adegas que vendiman este ano ao amparado da D.O. Ribeira Sacra, 55 terminaron a vendima, 33 adegas seguen vendimando e falta unha por comezar. A calidade das uvas que están a entrar en adega é moi boa, cun estado sanitario óptimo.

Viñobús polos viñedos e adegas
O Viñobus é unha experiencia para maiores e pequenos que queren coñecer de onde proceden as uvas, cómo se cultivan e a súa transformación en mosto ou en viño de forma natural. As saídas deste ano foron as fins de semana dos días: 17 e 18; 24 e 25 de setembro coincidindo coas labores de vendima.

Realizaronse paseos polos viñedos acompañados por quen mellor coñecen a vide e cómo coidala; as variedades de uva; as súas diferentes follas; a importancia do chan…Cata de uvas, mostos e viños, percibindo os distintos aromas, sabores e texturas. Os visitantes vendiman e pisan os acios como se facía antigamente. O mosto introducese nas cubas para a fermentación e os enólogo ocupanse de coidar este viño ata o seu embotellado. Será a partir dese momento cando se poderá gózalo.

A ruta incluíu un xantar. O tipo de almorzo varía en función da adega, pero na maioría dos casos trátase de pratos fríos cun menú propio dos viticultores durante unha xornada de vendima. Os grupos foron dun máximo de 15 persoas que se desplazaron en microbús desde o punto de encontro: o Parque dos Condes, de Monforte. Os presos foron: adultos, 15 euros; nenos de 4-12 anos, 10 euros; menores de 4, gratis. O prezo inclúe: traslado desde o punto de encontro, xantar na adega e guía acompañante.