
Salvaterra de Miño | O cemiterio da parroquia de San Simón de Lira en Salvaterra foi escollida para escenificar a pedagoxía da restauración da memoria lingüística. Unha iniciativa da Asociación de Funcionarios/as para a Normalización Lingüística que ten como obxectivo instar aos galegos e galegas e manter encesa a lingua galega máis aló da vida, nos espazos da memoria que son os cemiterios.
Os fundamentos desta proposta galeguizadora están baseados no feito distorsionado que ofrecen os cemiterios das comunidades parroquiais, nos que obervamos a marxinación da lingua galega nos epitafios das lápidas mortuorias. Sorprende que anos despois da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia e o recoñecemento que fai da oficialidade da lingua galega, as inercias segan tan chantadas nas mentes das nosas xentes que enterran aos seus defuntos -todos eles galegofalantes en vida- nun idioma distinto no que nunca se expresaron, o castelán. Só unha de cada 1.000 làpidas están escritas en galego. E o chamativo da cifra é que nas zonas monolingües o galego é anecdótico.

Hai un ano que coa colaboración expresa da familia do gaiteiro de Lira, don Luís Soutullo Iglesias, procedimos á substitución da lápida en castelán por outra en galego, máis persoal e representativa dos valores patrimonios que nos deixou o sonado instrumentista. Ao acto acudíu a maioría dos veciños da parroquia. O grupo de música tradicional Xistra de Coruxo participou interpretando varias pezas musicais. Contamos tamén coas cantareiras de Lira que dirixidas polo crego Clodomiro que fixeron resoar no templo. as súas cantigas acompañadas pola percusión das pandeiretas.
O pasado mes voltamos ao cemiterio, pero nesta ocasión para incorporar na lápida un metacrilato cun código QR que permite descargar a biografía que escribíu sobre o gaiteiro Xerardo Fernández Santomé, un estudoso de recoñecido prestixio da nosa música tradicional.
Con esta iniciativa quere a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística propoñer unha novidade para facer dos cemiterios espazos da memoria coa incorporación deste tecnoloxía que permiten recoñecer os valementos dos veciños que poidan ser identificados a través deste código.





