Renovación da Praza de Abastos de Salceda

Reabrirá as súas portas este 1º de abril, Día de Mercado

Salceda de Caselas | A Praza de Abastos de Salceda reabriu este 1º de abril logo de máis dun mes sen servizo de venda de peixe fresco polas obras que se están a levar a cabo no edificio. O Concello acadou unha subvención de 196.589,04 € da Xunta para sufragar o 80% das obras nesta III fase de reforma, aportando o propio Concello o 20% restante de fondos propios (49.147,26 €).

O edificio vai presentar unha nova imaxe logo de que se cambiase o pavimento existente, de terrazo ata o de agora, e que pasa a ser un chan de morteiro armado con fibras de polipropileno. A outra parte da reforma consistiu na mellora da accesibilidade coa instalación dun ascensor montacargas que conecta directamente a zona de venda de produtos coa zona de aparcadoiro existente na parte posterior do edificio. Habilitarase tamén unha zona de recollida de pedidos para uso da clientela.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.