Rematadas as obras da ponte románica de San Xoán de Arbo

Arbo | O pasado 28 de abril de 2017 o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria don Román Rodríguez González e o Alcalde do Concello de Arbo, Don Horacio Gil, asinaban un convenio de colaboración para a recuperación e consolidación da Ponte de Mourentan, que ten consideración de ben catalogados e incluida no Inventario de Pontes Históricas de Galicia.

O proxecto cun orzamento de execución por contrata de 103.418,00 Euros asumido pola Conselleria, e das obras se encargaba a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia. Esta intervención estaba incluída no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia da Dirección Xeral do Patrimonio cultural.

O obxecto da actuación foi acometer as obras necesarias para evitar que continúase deteriorándose este ben e, deste xeito, impedir que se produxeran unha perda irrecuperable para o patrimonio cultural galego.
Según manifesta o alcalde, esta ponte foi construída entre os séculos XIV e XV sobre o río Deva para facilitar o cruce ao antigo camiño dende Ribadavia a Tui que xa figuraba en documentos medievais. O rexedor segue informando que sobre o Rio Deva alzase o Ponte románico de San Xoan de Mourentan, Esta conservado e recoñecido pola súa importancia como punto de defensa na Guerra da Independencia. Crese que á altura de 1809, os veciños de Arbo defenderon os seus fogares e familias fronte ás numerosas tropas francesas nunha batalla que tivo lugar nos arredores da ponte. A loita terminou co triunfo dos franceses, debido á súa superioridade numérica, pero o feito lémbrase cunha lápida instalada nunha columna nun dos lados da ponte. O rexedor finaliza apuntando que a Ponte Romanica e símbolo de Arbo e os Arbenses e que Arbo e un concello cunha gran riqueza patrimonial, cultural e histórica.