Regresa a Mos o festival infantil “Musicando no Canto Conto”

Foi presentado no Pazo de Mos pola alcaldesa Nidia Arévalo e As Maimiñas

Mos | As Maimiñas, Mai e Miña, Lucía Lago e Irene Álvarez, presentaron esta mañá no Concello de Mos xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Política Social e Igualdade e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, unha nova edición do Festival Infantil “Musicando no Canto Conto”.

“Musicando no Canto Conto”, organizado polas Maimiñas e Reviravolta Produccións, patrocinado polo Concello de Mos e a Xunta de Galicia, e coa colaboración da Fundación Pazo de Mos, celebrarase o domingo 30 de maio no Pazo de Mos; contando coa actuación matutina, ás 12.30 horas, de As Maimiñas e, pola tarde, concerto de Xoan Curiel ás 19.00 horas e actuación do grupo Animar-T.

“Musicando no Canto Conto, organizado polas Maimiñas e Reviravolta Produccións, patrocinado polo Concello de Mos e a Xunta de Galicia, e coa colaboración da Fundación Pazo de Mos, celebrarase o domingo 30 de maio no Pazo de Mos”

A asistencia como público é totalmente de balde pero require de inscrición previa para poder garantir todos os protocolos e medidas anti COVID-19. Os interesados en apuntarse poden facelo escribindo un correo electrónico ao enderezo as.maiminas@gmail.com no que indiquen nome, apelidos e número de teléfono móbil, así como o concerto e/ou concertos aos que se quere asistir e o número de asistentes. Para finalizar o procedemento os inscritos recibirán no seu correo electrónico a pertinente invitación para poder acceder ao evento.

Tanto Maimiñas como as representantes municipais Arévalo e Cebreiro declaráronse esta mañá “moi contentas e satisfeitas de retomar un ano máis o Musicando Canto Conto, tras non poder celebrarse o ano pasado por mor da crise sanitaria”. Un festival que definiron como “xa moi consolidado no Concello de Mos e unha alternativa cultural e de ocio ideal para as familias”. Así mesmo destacaron “a importancia de retomar a cultura segura nestes tempos de nova normalidade e de saber adaptar o ocio e a música ás novas circunstancias para garantir a tranquilidade e disfrute de público e artistas”.

A rexedora local e concelleira concluíron salientando que a mosense “é unha administración comprometida cos sectores que peor o están a pasar por mor desta pandemia, sendo un deles o musical e do espectáculo, e concienciada coas necesidades de lecer da cidadanía para garantir a calidade de vida dos e das veciños e veciñas de Mos. É por elo que, con este tipo de iniciativas, contrubuímos a recuperación dun sector damnificado ao tempo que retomamos certa normalidade na vida e no ocio da veciñanza, sempre cumprindo escrupulosamente todas as medidas sanitarias. Con música cultura e diversión aunadas en Musicando no Canto Conto”.

Colaboración coa Asociación Galega de Familias de Acollida
Por outra banda, a alcaldesa Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación Galega de Familias de Acollida “ACOUGO”, Rebeca Pereira Ferrón, asinaron esta mañá no salón de sesión do Concello un convenio de colaboración mutua entre ambas entidades para o desenvolvemento no municipio mosense de programas de atención, formación e difusión en materia de sistema de protección de menores así como da medida específica de acollemento familiar, que promove a Asociación “ACOUGO” e de apoio ao traballo en incidencia política e sensibilización para a transformación e mellora social sobre acollemento familiar e /ou residencial, dereitos da infancia do Sistema de Protección, familias de orixe e familias de acollida.

A alcaldesa Nidia Arévalo (segunda pola dereita) coas representantes de ACOUGO.

Sempre desde unha perspectiva holística e de xénero. Facilitando na medida das posible o uso de espazos e /ou equipos que se poidan precisar para acadar tales fins. Así como facilitar a entrada das persoas aso servizos psicosociais educativos, de deporte ou ocio dependentes do Concello.

A primeira das actividades de cooperación conxunta terá lugar mañá mesmo e consistirá nunha charla informativa sobre o acollemento familiar. Co fin de difundir o acollemento familiar como o mellor recurso para a protección á infancia e adolescencia en situación de desamparo ou risco; o Concello de Mos organiza mañá xoves unha charla informativa sobre o acollemento familiar. Terá lugar ás 19:00 h, no pazo de Mos, previa inscrición (por protocolo anti covid). Estará dirixida non só ás familias interesadas en acoller, si non tamén a profesionais e persoas interesadas en coñecer este recurso tan necesario para que os menores en desprotección crezan coa maior estabilidade física e emocional.

O acollemento permite darlles a posibilidade dun modelo de familia estruturada e normalizada, con figuras seguras de referencia, nun ambiente de afecto e sostén. Dar aos menores a oportunidade de crecer en ambientes normalizados pero sen romper, na medida en que se poida, o contacto coa súa familia biolóxica é fundamental para o seu desenvolvemento e para a construción dunha futura vida emocional saudable.

“O acollemento permite darlles a posibilidade dun modelo de familia estruturada e normalizada, con figuras seguras de referencia, nun ambiente de afecto e sostén”

Outra iniciativa será levar a Pleno unha moción relativa a equiparar real e efectivamente as persoas menores en acollemento familiar á condición de “fillo/a” e o recoñecemento de familias de especial protección ás familias acolledoras, na que se tomen os acordos de: ordear e actualizar a normativa municipal para establecer expresamente a equiparación real e efectivamente, para todos os efectos administrativos, aos menores en acollemento en calquera das súas modalidades —temporal, permanente ou preadopción ou de urxencia— á condición de fill@ durante o tempo que o/a menor atópese baixo acollemento familiar. Accionando medidas, que apoien positivamente a estas familias e menores.

Incorporar o item de familia acolledora ou crianza en acollida, nos impresos en todas as áreas da Xestión do Organo de Goberno local. Accionando medidas , que apoien positivamente a estas familias e menores.

Considerar ás familias acolledoras de especial protección así como outro tipo de familias que teñan tamén esta consideración. Aplicando medidas de discriminación positiva que faciliten a vida comunitaria a nivel local das persoas que acollen e as acollidas.
Valorar a posibilidade de facer unha formación básica para o persoal e Equipo de Goberno do Concello en materia de Medidas de Protección de menores, especialmente sobre acollemento familiar. E elaborar un Rexistro Municipal de Familias Acolledoras.