Reformas na piscina municipal da Cañiza

O alcalde Luís Piña visitou as obras acompañado dos técnicos de Civis Global

A Cañiza | Este incremento de obra de 135.619,75€, permitirá subsanar as deficiencias que non estaban contempladas inicialmente no proxecto e que xurdiron durante os traballos de reforma iniciados en abril.

Entre eles destacan as actuacións sobre as perdas de auga por deterioro do sistema de impulsión da piscina, a sustitución do canalón oculto da cuberta panel sandwich, o cambio de solución da fachada sate por chapa minionda con aillamento, a sustitución da impermeabilización de petos na cubierta transitable.

Tamén están a colocación de disipador de calor na instalación de enerxía solar térmica, o cambio de solución da losa do vaso debido ao novo sistema de impulsión e o cambio dos conductos de ventilación e rexillas nos vestiarios e salas anexas, entre outros.

Poderá abrirse durante os primeiros meses de 2023
O pasado 25 de abril a  empresa CIVIS GLOBAL, S.L.U, adxudicataria do contrato comezou as obras de REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DA PISCINA MUNICIPAL consistente en obras de reparación, mellora nas instalacions e renovacion de acabados nos vestiarios da piscina.

Un proxecto redactado polos arquitectos Jorge Nimo Silva e Carlos Mezquita Fernández que esta semana visitou a obra xunto cos técnicos da empresa para explicarlle ao Alcalde Luis Piña o avance das mesmas. Cinco meses despois de comenzar a execución da reforma, xa están rematadas as actuacións desenvolvidas sobre as dúas cubertas da piscina. A cuberta inclinada e a plana que suman un total de 1500 m2.  Nunha das cubertas instalouse unha nova estrutura de chapa e volveron a colocarse os paneis térmicos que aínda que estaban instalados, non estaban conectados.

Na cuberta inclinada, nun total aproximado de 900 m2, retirouse o panel de chapa e o de policarbonato e na cuberta plana de 800 m2, se retiraron todos os elementos existentes, a grava, o aislamento e as láminas impermeabilizantes que presentaban un avanzado estado de deterioro.  Tamén se remataron as obras de colocación e impermeabilización das mesmas, incluindo a realización dunha proba de estanqueidade, enchendo a cuberta con auga para comprobar a súa efectividade. Unha actuación que mellorará o sistema de climatización da piscina, actuando en toda a cuberta para acadar un maior aislamento térmico e reducción de consumos de enerxía.

Se retiraron os antigos elementos de gas-oil de producción de calor da sala técnica e se preinstalaron as novas caldeiras de pelets, ademáis de instalarse o novo silo. Outra actuación que permitirá mellorar a eficiencia enerxética e reducir os consumos.

Tamén se remataron as obras de peche do vaso pequeno da piscina que convertirá este espazo nunha sala polivalente de máis de 200 m2.  Completouse a instalación da ventilación e continúan os traballos de iluminación e colocación do pavimento deportivo.

Nesta visita o Alcalde tamén puido comprobar o avance nas obras do vaso grande da piscina que reducirá a súa profundidade nun metro, quedando a un nivel de 1,30. Xa remataron as obras de recrecido da losa do vaso e de impermeabilización e nestos momentos estase revestindo con alicatado. Sustituíronse todos os falsos teitos dos vestiarios, pasillos e recepción da instalación, retirando o vinílico antigo por un novo de virutas de madeira, mellorando no so a estética da instalación senon tamén a parte acústica  e técnica  da envolvente. Nesta parte quedan por rematar os traballos de pintura e iluminación.

Creación dunha zona Wellness
Nestes momentos a empresa está traballando na nova zona de  «benestar» que se situará no lugar que ocupaba a metade das gradas e que terá capacidade para 10 persoas.  Nesta visita o Alcalde pudo comprobar como xa está instalada a sauna, o baño turco e o spa, quedando pendentes os traballos de revestimento con alicatado, enrastrelado de madeira e instalación de iluminación LED.