• Segue conectado
  • |

Reducción dos residuos sólidos urbanos e aumento da reciclaxe en A Guarda

A Guarda | O concello da Guarda consegue situarse entre os concellos de Galicia que máis reciclan, este logro acádase grazas ao esforzo diario dos cidadáns que co seu xesto permiten ademais un aforro considerable para as arcas municipais.
Reducción de residuos
O concello da Guarda enviou a SOGAMA 4.417 toneladas de residuos no ano 2006. Ano a ano as cifras de lixo enviadas a planta de Sogama téñense reducido, ata acadar no ano 2014 a cifra de 3.157 toneladas. Isto supón unha reducción do 28,52% ou 1.260 toneladas menos.
O concello implicóuse realizando campañas de concienciación na cidadanía, no instituto e nos colexios, introducindo melloras no funcionamento do Punto Limpo que a día de hoxe é un dos mellor xestionados de Galicia, ou aumentando o número de contenedores adicados á reciclaxe. A finalidade era e é enviar a menor cantidade posible de lixo a SOGAMA. Por iso, nestes momentos está en marcha unha nova campaña de concienciación dirixida á cidadanía para seguir informando da conveniencia da separación dos residuos e dos beneficios que iso lle supoñen ao conxunto da veciñanza.
Aforro económico
A minoración de toneladas enviadas a SOGAMA supuxo un aforro importante para as arcas municipais. O aforro só nestes últimos catro anos ronda os 300.000€, aforro que se logrou ao incrementar a reciclaxe. Isto permitiu que o concello non incrementase o recibo de lixo aos veciños a pesar da suba desproporcionada que fixo SOGAMA sobre os concellos, pasando o custe da tonelada dos 61,50euros a 82,10euros no 2014, un incremento no prezo do 35%,
Colaboración da cidadanía
O concello da Guarda está por riba da media galega en reciclaxe de vidro, plásticos, papel-cartón, madeira, pilas e aparatos eléctricos e electrónicos. Por pór un exemplo, en vidro superamos nun 90% á media galega.
No 2014 recolléronse máis de 3.400litros de aceite doméstico nos nove puntos de recollida que están distribuídos na localidade, incrementándose respecto do ano pasado nun 60%.
O concello realiza o esforzo, sen custe económico para os veciños, da recollida de voluminosos. Así no 2014 realizáronse máis de 200 saídas para recoller voluminosos que se levan ao Punto Limpo da localidade, un dos poucos que conta cun sistema de xestión sostible en Galicia.
Estas altas porcentaxes de reciclaxe e o aforro económico que isto supón débese ao esforzo que realizan @s veciñ@s da Guarda, aos que temos que felicitar por estes altos niveis de reciclaxe que permiten colocar A Guarda no cume dos municipios que máis reciclan en toda Galicia.

Publicado o 27 Feb 2015 en A Guarda, Medio Ambiente.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies