Salceda de Caselas | A Asociación de Comerciantes ACISA ben de organizar en colaboración co Concello de Salceda de Caselas unha campaña para promover as ventas durante o mes de agosto. Esta asociación está preto de lograr os 100 establecementos asociados cos que organizan diferentes campañas comerciais durante todo o ano.
Nesta ocasión son máis de 60 comercios os que participan no Rasca e Gaña que ofrecen productos e servizos moi variados. A campaña repartirá durante o mes de agosto máis de 70 premios físicos ademáis de vales por un valor total de 1000 euros que se poderán gastar nos establecementos adheridos a ACISA.
Poderá participar nesta iniciativa a clientela que faga calquera tipo de compra nos establecementos adheridos, obtendo de inmediato o seu rasca no que figurará si é ou non premiada.
Esta campaña non só fomenta o comercio local senon que tamén promove a rotación da clientela polos diferentes establecementos. Deste xeito as persoas poderán conseguir un rasca e gaña na súa froitería de confianza que lle indique que deberá recoller o seu premio nunha perruquería. En Salceda apoiar ao comercio local ten premio.
Loli Castiñeira: “estas campañas fan que se dinamice a economía local, e que a veciñanza coñeza todo a oferta de Servizos do noso pobo, que é moi ampla. O traballo en rede de comercio, hostelería, asociacións e Concello permite ter un pobo vivo e que xera emprego.”