Putin, os ‘patriotas’ e os oligarcas.

.

Unha matriz de opinión estase difundindo dende os centros de poder político e mediático occidental: poden os oligarcas rusos ‘destronar’ ao ‘zar’ Putin? Os intereses occidentais limítanse a verificar ata que punto isto é posible, toda vez as sancións económicas e financeiras golpean ao corazón de fortunas amasadas tras décadas de ‘capitalismo de amiguetes’.

Por outra banda, a mediados de marzo, toda vez miles de rusos emigraban vía Turquía e o Cáucaso, fuxindo do autoritarismo ‘putiniano’ e dos estragos da crise económica vía desconexión occidental, Putin reapareceu publicamente cun discurso tan agresivo (ultimamente estamos acostumándonos a iso) como clarificador. Putin falou sen tapuxos dos ‘patriotas’, dos que se quedan no país apoiando as súas decisións, e ‘os que se van’, aqueles aos que denigrou con epítetos incluso grotescos.

Nun discurso que recorda vellos tempos soviéticos, Putin trazou as súas ‘liñas vermellas’, pero agora no plano interno: non aceptará disensos nin críticas a súa ‘operación especial en Ucraína’, tal e como oficialmente enfoca o Kremlin a guerra nese país e que reproducen constantemente os seus propagandistas. A súa ‘guerra’ está ‘moralmente xustificada’ para defender á ‘Madre Rusia’ dos seus ‘inimigos internos e externos’.

Tanto a perspectiva ‘patriótica’ de Putin como a pretensión occidental de poñer aos oligarcas como unha especie de ‘quinta columna’ para acabar con Putin revelan os síntomas de desinformación e de escaso coñecemento, principalmente en Occidente, sobre cómo é a cultura política rusa e cómo se manexa o Kremlin, especialmente en momentos de guerra como o actual.

“Eses oligarcas tamén contribuíron a fortalecer o sistema de Putin”

É máis probable que Putin teña éxito en afondar o seu poder vía discurso patriótico que as pretensións occidentais de facer dos oligarcas unha especie de ‘salvadores’ da democracia rusa, cando non o son en absoluto. Eses oligarcas tamén contribuíron a fortalecer o sistema de Putin. Éste, pola súa banda, ven realizando sigilosamente unha purga interna a tódolos niveis, especialmente dentro dos servizos de intelixencia e de seguridade. O seu núcleo de poder está cada vez máis concentrado nos denominados siloviki, os antigos ‘camaradas’ da estrutura burocrática e de seguridade soviética, algúns deles incluso oligarcas de novo cuño (“patriotas” na súa xerga) con amplas esferas de poder.

Independentemente de cómo termine a guerra en Ucraína e dos efectos internos da desconexión económica exterior que estase sentindo con forza na sociedade rusa, é difícil que o poder de Putin se dilúa, cando menos, automáticamente. Non obstante, os manexos no Kremlin sempre son misteriosos, tal e como algunha vez comentara Sir Winston Churchill.

Non sería por tanto descartable que, ante os efectos das sancións exteriores, a ‘purga patriótica’ de Putin podería levar a un escalonado e gradual proceso de adianto dunha eventual sucesión (Putin ten case 70 anos) coa finalidade de amosar un novo rostro político ‘post-putiniano’ que defina unha imaxe máis favorable de cara ao nivel exterior, con Putin e os ‘siloviki-oligarcas’ como poder na sombra.

“A ‘purga patriótica’ de Putin podería adiantar a súa eventual sucesión no poder”

Por certo, é amplamente discutible o efecto político das sancións económicas que Washington deseña para acabar con determinados rexímenes incómodos ou rivais. Cuba, Venezuela, Irán e a Rusia de Putin son exemplos diso. Putin non só segue no poder senón que é incluso capaz de golpear a Occidente e os seus imperativos xeopolíticos coa actual guerra en Ucraína.

Por tanto, é temerario asegurar que a guerra en Ucraína signifique, co paso do tempo, o final da ‘era Putin’, quen segue a marcar as súas cartas, agora dividindo o seu mundo entre os ‘patriotas’ e eses oligarcas hoxe seducidos por Occidente pero cuxa capacidade de influencia dentro de Rusia pode que xa non exista, incluso dende moito antes da guerra en Ucraína.

Así e todo, tamén podemos preguntarnos: non estará Putin tamén trazando unha ´fuxida cara diante’?

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.

Outros artigos