
Ourense | Con motivo da xornada de memoria histórica que se celebra arredor do 31 de outubro, integrantes do grupo municipal socialista de Ourense realizaron un acto simbólico de homenaxe ás vítimas do franquismo e ás mulleres silenciadas pola represión e o exilio.
A acción, inspirada na imaxe da criada como símbolo de resistencia e denuncia, tivo lugar diante da igrexa de Santa María Nai, convertendo as escaleiras nun espazo de lembranza e reivindicación da liberdade e dos dereitos conquistados.
Co xesto, as participantes lembran que a memoria democrática é tamén unha loita feminista: contra o esquecemento, contra a impunidade e contra calquera intento de retroceso nos dereitos das mulleres.




