Ourense | Unha manifestación en protesta polo xenocidio sufrido pola poboación de Gaza a mans de Israel durante os dous anos de ataque indiscriminado, tras os atentados de Hamas de outubro de 2023, mobilizou aos ourensáns este mércores, para esixir paz, liberdade e xustiza efectivas tras o alto ao lume.
Piden o fin da ocupación de territorios palestinos e que se investigue exhaustivamente a Israel por crimes contra a Humanidade.
“Desde o río ata o mar, Palestina, vencerá” e «Israel asesina, Europa patrocina» foron as expresións que se escoitaron onte polas rúas de Ourense en apoio a Palestina. Os sindicatos CC.OO e UXT sairon desde a Praza Maior portando velas, bandeiras e globos coas cores da bandeira palestina. “Non hai paz sen xustiza, e xustiza sen empatía, e empatía sen mirar a voz do outro como se fose propia”, leeu unha das asistentes.
Pola súa banda a CIG concentrouse fronte á Subdelegación do Gobierno onde calificou de asasino a Benjamin Netanyahu. Na foto os manifestantes pola rúa Bos Aires.