Primeiro convenio entre o Concello da Cañiza e a Confederación Hidrográfica Miño Sil

Será aprobado en pleno municipal este 17 de febreiro

A Cañiza | Despois das numerosas reunións de traballo desenvolvidas dende finais de 2019, o Presidente da CHMSIL, José Antonio Quiroga, reuniuse co Alcalde Luís Piña en maio de 2022 para explicarlle polo miudo os traballos que está a desenvolver o organismo no Concello da Cañiza.

Un estudo en profundidade das alternativas reais capaces de optimizar os actuais sistemas de depuración e a redacción dos proxectos que se deriven destes análisis. O convenio será aprobado en pleno municipal este venres 17 de febreiro.

Este traballo foi adxudicado pola CHMiñoSIL en abril de 2022 á empresa coruñesa Anteagroup por un importe de licitación de 116.562,00€ . A mercantil leva xa 11 meses estudando íntegramente a problemática das Edar Urbana, Industrial, de Valeixe, Luneda e Achas. Ao remate do estudio plantexará as alternativas de saneamento e depuración e se determinará qué depuradoras precisan de ser reformadas para redactar os proxectos. As obras de reforma que resulten están incluidas neste Convenio de 1.450.000,00€.

Como xa manifestou o Alcalde noutras intervencións ” esta colaboración ten un impacto enorme para A Cañiza. É a primeira vez que CHMIÑOSIL coopera co Concello para tratar de dar solucións aos verdadeiros problemas que afectan aos sistemas de depuración actuais e que provocan os incumprimentos en materia de verquidos e polo tanto a imposición de continuas multas superiores aos 30.000€ por cada expediente sancionador aberto”.

“Conseguimos que dende a Confederación se solidaricen coa situación de indefensión en materia de verquidos na que actualmente se atopa o Concello, sendo imposible depurar as augas residuais nos términos que nos obrigan as respectivas autorizacións para poder verter nos ríos as augas depuradas”.

“O Concello da Cañiza ven sostendo esta situación de desamparo dende hai máis de 14 anos, por iso esta colaboración é a mellor noticia en materia de medioambiente dos últimos anos”.