Presentación dun libro a bordo dun catamarán polo río Sil

Juan Carlos Alonso é o autor da vida de Mario de Langullo

Doade | O libro “El último maqui. Vida y leyenda de Mario de Langullo”, de Juan Carlos Alonso será presentado a bordo do catamarán riosil.com que sae do embarcadoiro de Paradela (Castro Caldelas). Será o día 28 de agosto, xoves, na travesía polo Cañón do Sil ás once da mañá. Un lugar especial no que o autor do libro asinará os exemplares aos viaxeiros polo río Sil.

Trátase dun libro que está acadando cotas importantes nas súas vendas, xa esgotado en moitas librarías.
Unha travesía cultural dentro do programa que Catamarán Ribeira Sacrar, riosil.com, está a levar a cabo no que pretende que as travesías dos catamarans polos embalses se convertan en unha viaxe á historia da Ribeira Sacra.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.