PP Salceda: “O Concello dilapida 144.000€ en sobrefacturación eléctrica”

Nos dous últimos anos tanto de alumeado público como de edificios

Salceda de Caselas/PPdeG | O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de criticar a xestión do goberno local coas tarifas eléctricas dos servizos municipais, tanto de alumeado público como de edificios, despois de que se pagara un sobrecuste de 144.000 euros nos dous últimos anos.

“O da factura enerxética é unha mostra máis da deixadez, ineficiencia e ineficacia do executivo de Salceda que, por non facer o seu traballo, tira con cartos de todos e perde, de xeito inaceptable, unha chea de diñeiro que podería destinarse a outros investimentos e servizos públicos moi necesarios para os veciños”, explicou o voceiro municipal, Santi Davila.

Así, cómpre lembrar que, na actualidade, o Concello de Salceda de Caselas ten contratadas unhas tarifas de 0,25 euros por kilovatio en horario punta; de 0,19 euros por kilovatio en horario llano; e de 0,15 euros por kilovatio en horario valle. “A maior parte da xente e das administracións están abonando tarifas planas de entre 0,13 e 0,16 euros por kilovatio desde hai máis de dous anos, polo que non entendemos que está a facer o noso goberno coas taxas enerxéticas que ten contratadas cando o mercado xa ofrece opcións moito máis baratas”, detallou Davila, que cifrou o sobrecuste nuns 6.100 euros mensuais.

Ademais, o voceiro popular recalcou que esta solicitude de novas tarifas “é un trámite ben fácil de facer”, xa que só hai que pedila formalmente á empresa distribuidora “e non ten nada que ver co cambio do alumeado por outro máis eficiente de tecnoloxía Led, senón máis ben ao contrario, son dúas medidas complementarias para baixar a factura”. Neste senso, tildou de “peregrinas” as excusas do goberno local sobre a suposta dificultade de cambiar o prezo cando se está inmerso na renovación do alumeado.

Por por uns exemplos, “na parroquia de Sta. María estase a pagar 35.000€ a máis cada ano, en Parderrubias 12.000€, en Picoña 12.200€, en Entenza 7.600€, e así en todas menos en Budiño, onde as tarifas están axustadas”. Davila manifesta que “cada ano o Concello dilapida e despilfarra máis de 73.000€ o que fan ese montante de 146.000 € como mínimo nos dous últimos anos.Estes datos o sacamos das facturas do mes de setembro de 2023, un mes no que o consumo é normal, imaxinen o que sería facelo cas facturas de decembro, xaneiro, febrero…”.

En todo caso, Santi Davila, que amosou a súa satisfacción pola aprobación en pleno da moción do PP, para que se revisen á baixa as tarifas e se busquen as máis económicas, advertíu de que a súa formación vai esixir que o goberno local actúe “coa máxima celeridade” na licitación do novo proceso de contratos e tarifas enerxéticas para deixar de pagar canto antes estes sobrecustes.